A economía galega dá sinais de estancamento

 

O Foro Económico de Galiza advirte unha desaceleración no medre económico.

foro economico galicia

A economía galega está "a empezar a estancarse" ao "parar" o nivel de aumento do Produto interior bruto (PIB). Esta é a advertencia que lanza o Foro Económico de Galiza, que indica que a nos economía experimentou no terceiro trimestre do ano un medre de 2,6%, o que supón a taxa máis baixa dende comezos do ano 2015.

Este incremento do PIB galego ven explicado pola achega da demanda interna. Pola contra, a demanda externa detrae décimas ao devandito crecemento, feito que non acontecía dende o primeiro trimestre de 2007. Asemade, o cadro macroeconómico reflicte que os agregados da demanda interna e externa amosan un ritmo de crecemento inter-anual máis feble que no trimestre anterior.
 

Comentarios