Echenique desbota unha comisión de investigación sobre González e os GAL: “Todo o mundo sabe o que pasou”

O portavoz de Unidas Podemos dixo estar sorprendido de que se demande unha comisión.

Pablo Echenique (EUropa Press)
photo_camera Pablo Echenique (Europa Press)

O portavoz de Unidas Podemos no Congreso, Pablo Echenique, asegurou esta quinta feira que "todo o mundo sabe o que pasou" ao redor do ex presidente español Felipe González e os GAL e desbotou darlle máis importancia ao documento da CIA que lle atribúe a creación desa trama de terrorismo de Estado.

"Non imos deixar que nada nos distraia de poñe en marcha o escudo social e o relanzamento da economía social, e moito máis cousas que son coñecidas", dixo Echenique nunha entrevista en 'Almorzos de TVE', recollida por Europa Press.

Neste sentido, Echenique amosouse sorprendido de que haxa "certas forzas políticas que formulen" unha comisión de investigación sobre González e os GAL. "Os que o formulan non saben o que pasou, cando un ministro e un secretario de estado son condenados", recordou.

"A nosa opinión sobre esa época escura da democracia é moi coñecida", insistiu Echenique, quen sostivo que o informe da CIA "non achega nada" novo e que "está feito con recortes de prensa de medios españois".

Comentarios