Miles de persoas reclaman en Iruña “xustiza” para os mozos de Altsasu

Unha multitudinaria manifestación [80.000 persoas segundo as convocantes]  denunciou a sentenza da Audiencia Nacional que condena a penas de entre 13 e 2 anos a estes rapaces acusados de agredir a 2 gardas civís nun bar en 2016.

Df0yqbaWkAAKvDZ

“Ez da Justizia” (Non é xustiza). A faixa que presidía a manifestación deste sábado en Iruña (Pamplona) en apoio aos 8 mozos de Altsasu condenados pola Audiencia Nacional resumía o sentir das ducias de miles de persoas que tomaron parte na mobilización, que transcorreu polas rúas da cidade entre aplausos da veciñanza. En diversos tramos, como na Avenida de Zaragoza, este ficou pequena perante a avalancha de xente que tomaba parte na mobilización onde 'Altsasukoak askatu"  (Liberdade para os de Altsasu) foi a consigna máis coreada, canda 'Utzi bakean, alde hemendik!" (Deixádenos en paz, liscade de aquí!), tradicional berro contra as forzas de seguridade españolas.

altsasu

Numerosos autobuses procedentes de toda Euskal Herria e tamén doutros territorios, como Catalunya ou Madrid, foron chegando a Iruña a medida que avanzaba a mañá, ao tempo que columnas que partían de diferentes barrios da cidade se dirixirían a pé ao punto de inicio da manifestación, que empezou sobre as cinco da tarde.

Unha verdadeira maré de persoas (80.000 segundo as organizadoras) que desbodou todas as previsións secundaron a convocatoria feita polas plataformas Altsasu Gurasoak e Altsasukoak Aske e que contou co apoio da maioría sindical vasca (LAB, ELA, Steilas, ESK, CGT...), de diferentes colectivos sociais, entidades xuvenís, organizacións como EH Bildu, Geroa Bai, Podemos... O propio goberno navarro mostrou o seu apoio a esta manifestación, na que estiveron presentes rostros coñecidos da culura e a política vasca, exlendakaharis incluídos, como é o caso de Carlos Garaikoetxea..

“Este camiño é longo”

“Este camiño é longo”, manifestou ao inicio da marcha Bel Pozueta, nai dun dos mozos presos. “Hoxe en Iruña as rúas fican pequenas porque a inxustiza que se comete neste caso sobrepasa todos os límites”.

Df0v271WsAYX0Zq

A Audiencia Nacional española condenou os 8 mozos de Altsasu xulgados por una lea nun bar con dous garda civís e as súas compañeiras, a penas que abranguen desde os 2 até os 13 anos de prisión. Considéraos responsábeis de delitos de atentado”, “lesións”, “desordes públicas” ou “ameazas” mais desbota as acusacións de “delitos terroristas”. Entende a sala que non ficou acreditada a “finalidade terrorista” da acción e tampouco o vencello destes 8 mozos acusados con “organizacións terroristas”. A sala, iso si, aplica as agravantes de “abuso de superioridade e de odio e porque  “se cometeron por motivos ideolóxicos e de animadversión á Garda Civil”.

O tribunal impuxo as penas máximas polos delitos de “lesións, desordes públicas e ameazas”. 13 anos de cárcere para Oihan Arnanaz e Iñaki Abad. Jokin Unamuno e Adur Ramírez son condenados a 12 anos. Joan Ander Cob, Julen Goikoetxea e Aratz Urrizola a 9 anos de cárcere e Ainara Urkijo, dous.

Comentarios