Dous obradoiros completan a programación do Premio Luis Ksado de fotografía

Os fotógrafos Ana Palacios (Unicef, Al Jazeera, The Guardian...) e Jorge Represa (The European, El País, Rolling Stone Magazine...) impartirán no paraninfo da Universidade da Coruña unhas conferencias organizadas pola Deputación da Coruña.
OBRADOIRO PREMIO KSADO DEPUTACION DA CORUÑA 4A
photo_camera OBRADOIRO PREMIO KSADO DEPUTACION DA CORUÑA 4A

Jorge Represa e Ana Palacios, dous dos nomes máis destacados da fotografía contemporánea, impartirán dous obradoiros no marco da programación organizada arredor do Premio Luís Ksado de Fotografía, que organiza a área de Cultura da Deputación da Coruña no paraninfo da Universidade da Coruña.

O día 14 de outubro o fotógrafo Jorge Represa será protagonista da primeira xornada dos obradoiros, con dúas sesións que van de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas. Especialista en retrato, Jorge Represa (Valladolid, 1968) colabora con publicacións como Rolling Stone Magazine, the American edition of Interview, The European, Independent Magazine, El País, El Mundo, Psicologies and Matador….

Pola súa banda, a fotodocumentalista Ana Palacios impartirá o seu obradoiro o 15 de outubro de 17 a 20 horas, o mesmo día que está prevista a reunión do xurado para o fallo da nova edición do premio de fotografía. Colaboradora de Mans Unidas, Unicef, Al Jazeera, Stern, Der Spiegel, The Guardian, New Internationalist ou o Daily Mail, Ana Palacios publicou tres libros sobre os seus principais traballos, entre os que o de nenos albinos en Tanzania foi o de maior repercusión pública. Ademais, é autora de Art in Movement, arredor da arte como mecanismo para o cambio en Uganda e "Niños esclavos".

Comentarios