A dotación orzamentaria do fondo do Estado para a produción, distribución e promoción cinematográfica en gaslego, vasco ou catalán foi nos últimos sete anos dun total de... cero euros.
Así se recolle na resposta a unha pregunta formulada no Congreso polo deputado de EH Bildu Jon Iñarritu. Nesa resposta especifícase que se ben en anos como 2012, 2011 e anteriores si houber estas partidas, non foi así entre 2013 e 2019.
Neses sete anos, coincidentes coincideu cos do Goberno de partido Popular de Mariano Rajoy, esa partida para a cinematografía nun idioma cooficial diferente do castelán estivo “sen dotación”, como se explicita na resposta parlamentar.
Ou, como resume o propio Jon Iñarritu a través das redes sociais, “0 euros”.
Dotación a la cinematografía en lenguas cooficiales distintas al castellano.
— Jon Inarritu (@JonInarritu) March 31, 2020
2013-2019: 0️⃣ €#PreguntasParlamentarias pic.twitter.com/9sh9bE917I