Un documentario achéganos os restos arqueolóxicos da Cova Eirós

O único xacemento paleolítico atopado no noroeste peninsular está en Cancelo (Triacastela). Os seus segredos, a dificultade das súas excavacións e as pinturas ruprestres que agocha no seu interior centran Cova Eirós, o documental. Vídeo no interior.

Cova eirós
photo_camera [Cova de Eirós]

A Cova Eirós foi descuberta nos anos 80 por un grupo de espeleólog@s que ficaron abraiad@s pola súa composición xeolóxica. Ao entraren acharon restos óseos que posteriormente foron catalogados como esqueletes de ósos cavernarios. Un mamífero desaparecido hai millóns de anos e do que non se tiña constancia no noso país. 

Anos máis tarde as universidades de Compostela, Tarragona e Coruña decidiron regresar para continuar a investigar os segredos que gardaba a Cova Eirós. Para alén do máis, no Cancelo atopáronse restor humanos con máis de 200.000 millóns de anos de antigüidade pertencentes a dúas especies até o momento non rexistradas no noroeste peninsular: o Homo Neandertal e o Homo Sapiens. Xunto a eles, ficaban soterrados numerosos úteis, o testemuño dun lume neandertal que @s arqueólog@s coidan unha reliquia histórica e pinturas ruprestres semellantes ás dalgunhas das salas que compoñen Atapuerca. Únicas no noroeste peninsultar.

Os segredos que garda esta cova serán dados a coñecer através dun documentario producido e co-dirixido por Xosé González Varela. Cova Eirós, o documental vén de iniciar a súa campaña de promoción após finalizaren a rodaxe iniciada en agosto de 2011. Entrevistas, ensaios de laboratorio e unha ollada subxectiva aos labores de excavación compoñen esta "procura das nosas orixes", explican os seus autores, arredor "desta cova convertida nun fenómeno xeolóxico, histórico e social" que continúa a demandar ser recoñecida como Ben de Interese Cultural. 

A Deputación de Lugo e diversos colectivos entre os que se atopan Adega e a Asociación de Amigos dos museos de Galicia demandaron a catalogación deste espazo como BIC mais até o momento a solicitude non foi resolta. 

Teaser, Cova Eirós 2014 from Xose Varela on Vimeo.

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios