Do audible, un ciclo para renovar o público da música clásica

O encontro entre a música, a ciencia, a arte e o pensamento é o sinal de identidade do ciclo de concertos “Do Audible” que,  ideado por Vertixe Sonora, inicia a súa edición a quinta feira día 19 de xuño. 

Presentación de Do audible
photo_camera Presentación de Do audible

Promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa colaboración de Vertixe Sonora, o ciclo Do Audible inicia a súa segunda edición con dous eixos centrais na súa  filosofía, servir de encontro entre a música, a ciencia, a arte e o pensamento a través de experiencias singulares en cada un dos seus concertos e, por o ultra parte, achegar un novo público para a música contemporánea. 

No programa, os concertos artéllanse arredor de catro focos temáticos, desta volta, o tacto, o mar, o universo e o diabólico en intervencións nas que a música dáse a man coa palabra convidando a subir ao escenario a coñecidos nomes da nosa cultura como a poeta e xornalista Ana Romaní. 

O tacto, o mar, o universo e o diabólico

Diálogo da música coas expresións culturais contemporáneas por medio dunha programación que se expande en varias cidades galegas e que se inicia a próxima quinta feira día 19 de xuño ás 20:00 na Sala Multiúsos do Campus de Ourense coa interpretación de Vertixe Sonora de obras de John Cage (EE.UU.), Daniel Zea (Colombia) e Hugo Morales (México) nun espectáculo no que tamén participarán Ana Romaní e Traspediante Danza ademais de contar coa colaboración da Aula de Acordeón do Conservatorio Profesional de Música de Ourense coordinada por Celia Adrián. 

A seguinte cita será tamén quinta feira, o 26 de xuño no Museo do Mar de Galiza en Vigo cando Vertixe Sonora interprete pezas dos compositores  Charles Antoine Fréchette (Canadá) e Fernando Garnero (Arxentina) e se acompañe do divulgador Francisco Ramos nun encontro que titulan “O canto das baleas”. 

“Música das esferas celestes”, será o seguinte concerto, xa por volta do verán, cando o 11 de outubro a Casa das Ciencias abra as súas portas a Vertixe Sonora para facer escoitar a obra de Karlheinz Stockhausen coas reflexións do profesor, ensaísta e comisario Lluís Nacenta. 

 Distracfold Ensemble (Manchester) será a protagonista como agrupación convidada Do Audible a sexta feira 14 de novembro cando “A música e o diabólico” teña como escenario o Museo de Pontevedra para facer sentir composicións de Salvatore Sciarrino (Italia), Pier Luigi Billone (Italia), Mauricio Pauly (Costa Rica) co parlamento do profesor e ensaísta Enrique Gavilán no último concerto do programa. 

Comentarios