As distopías zombis como metáfora do neoliberalismo

A Fundación Luis Seoane acolle ás 20 horas de hoxe a presentación do libro Demografía Zombi: Resilientes e redundantes na utopía neoliberal do século XXI, do demógrafo catalán Andreu Domingo, no que se analiza a evolución do xénero nesta centuria.

[Foto: Pixabay] Zombi
photo_camera [Imaxe: CC] Zombi

Andreu Domingo, subdirector do Centro de Estudos Demográficos da Universitat Autònoma de Barcelona e recoñecido demógrafo catalán, presenta na Fundación Luís Seone o libro Demografía Zombi: Resilientes e redundantes na utopía neoliberal do século XXI. O acto terá lugar a sexta feira 25 de outubro no marco do Festival de Cinema Fantástico da Coruña, coa colaboración da USC e da UDC.

A publicación analiza a evolución do xénero zombi no século XXI, até converterse nunha distopía que reflicte “a escisión da poboación entre redundantes –os que sobran– e resilentes –os que son capaces de resistir”. Esta división respondería para Domingo ás dinámicas propiciadas polo neoliberalismo, que transforma aos individuos nun proceso baseado na competencia.

O mundo postapocalíptico dos mortos revividos trae ao centro dá reflexión unha metáfora que lle fai a autopsia á utopía neoliberal para entender a distopía na que se converteu, levando cara a unha redefinición do concepto vida, cando o poder enfronta a pregunta de “a quen se debe salvar?”.

Comentarios