Quinta feira 28 de febreiro

O director de 'El País' en Catalunya, no ciclo Pensarmos do Consello da Cultura

Fascismos dixitais é o título da conferencia que ofrecerá o director de El País en Catalunya, Lluís Bassets, o vindeiro 28 de febreiro, quinta feira. Será dentro do ciclo Pensarmos, que coordina a profesora Carme Adán para o Consello da Cultura Galega.
 

Lluis_bassets en 2015
photo_camera O xornalista Lluís Bassets, nunha imaxe de 2015. Foto: Wikipedia.

Con Bassets (Barcelona, 1950) estará o escritor e director da editorial Galaxia Francisco Castro (Vigo, 1966). Ambos os dous conversarán arredor de ideas como “posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, perda de liberdades, precarización da vida”.

Pensarmos -“ciclo de charlas, debates e intercambio de ideas, un tempo compartido para e refelxión e a abordaxe dos problemas da actualidade”- organiza unha palestra cada mes. A de xaneiro deuna Javier Echevarria. En sucesivas sesións estarán Gareth Williams, Remedios Zafra, António Cunha e Margarita Boladeras Cucurella.

As xornadas de Pensarmos enmárcanse dentro da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega, que no seu web explica propósitos e obxectivos: “O vello dictum ilustrado, sapere aude, hoxe deveu máis necesario que nunca. 'Atrévete a pensar' é un exercicio a contracorrente, unha pequena revolución cotiá”.

Comentarios