O director do programa da TVG Con Amor e compañía, José Luis Viñas Orta, declarou a Sermos Galiza que até o de agora non ten recibido notificación formal ningunha da denuncia interposta contra el por acoso pola actriz Iria Pinheiro.
"Non recibín ningunha notificación da denuncia. Cando a reciba vou defender a miña honorabilidade até o final porque estou totalmente limpo desta historia", afirmou literalmente.