A dirección de PSA Citroën formula un ERTE en Vigo

Alega “causas de forza maior” após a paralziación da produción-

citroen folga

A dirección da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo trasladoullesesta segunda feira aos sindicatos a súa intención de solicitar un ERTE ante a administración "por causa de forza maior", após a paralización de actividade, a pasada semana, debido á crise do coronavirus.

Segundo trasladaron fontes do comité, a empresa presentou, nunha reunión do 'petit comité', a memoria xustificativa para comezar o proceso de negociación do Expediente de Regulación Temporal de Emprego.

Nun comunicado conxunto, os sindicatos CIG, UXT, CC.OO., e CUT, advertiron de que, aínda que a empresa concretará a súa posición nas próximas horas, esixiránlle que a regulación afecte a todas e todos os traballadores da factoría de Balaídos, uns 7.000 .

Así mesmo, entre as esixencias das centrais está que se contemple o cento por cento das pagas extras e vacacións, que a empresa se comprometa a manter aos eventuais "como mínimo dun ano de contrato", que se manteñan os días de convenio individuais para este ano ou que se manteñan os 10 días de 'adecuación de xornada' unha vez que termine a vixencia do ERTE.

Os sindicatos tamén reclaman que se asegure o cobro da prima varábel, ou que a empresa adiante os pagos recollidos no ERTE no caso de que haxa atrasos.

Comentarios