O irónico retorno de Dina Mita

Colaboradora de Sermos Galiza, Ticiana Ghiglione Darriba apresenta esta quinta feira en Lugo no auditorio do vello cárcere, o seu libro "Dinamitadas, o espertar da ironía". Volta aos cadriños o seu personaxe favorito, Dina Mita.

Dina Mita
photo_camera Dina Mita

Dina Mita -protagonista dunha serie de cadriños no Sermos- volta en formato libro. O volume está prologado polo humorista Xaquín Marín e polo ex presidente da RAG e académico Xesús Alonso Montero.

Colaboran tamén no volume, con cadanseu comentario, Helena Villar Janeiro, María Xosé Porteiro, José María Peridis, Marica Campo, Tareixa Campo, Agueda Penedo, Susana Pedreira e o presidente de Sermos Galiza S.A., Xoán Costa.

No acto de apresentación, para alén da autora, intervirán Xulio XIz e Encarna Lago. O libro recolle historias de Dina Mita que viron a luz en primeiro termo no semanario Sermos Galiza. As pezas, após a autora sofrer un problema de visión, tomaro forma de audios (audietas) que foron emitidas por Onda Cero Pontevedra durante máis de dous anos, no programa de Susana Pedreira.

Comentarios