Opinión

Sete días, sete meses

[María Obelleiro] 

Sete días para facer o que, quen ten a responsabilidade, non fixo en sete meses. Esta é unha das conclusións que podemos tirar do Plan de ensino virtual ante a Covid-19, presentado onte polo conselleiro, como "folla de ruta para blindar a calidade da Educación na Galiza". Por que agora, mes e medio despois do comezo do curso, e sete meses e medio despois do fechamento dos centros educativos? Non deu tempo antes? Resulta comprensíbel a improvisación cando te ves fronte a unha pandemia que pon a vida patas para arriba, mais cando houbo meses para traballar nos protocolos e nos novos plans, pouca xustificación pode haber.

A receita da Xunta da Galiza segue a ser a de sempre: externalizar as responsabilidades nos equipos directivos e no profesorado, que tan só nunha semana, desde a publicación da información no DOG, ten que presentar un novo plan horario que permita pasar da docencia presencial á virtual. Non sorprende despois dos bandazos de Educación cos protocolos de regreso ás aulas.

Comentarios