O día en que os independentistas portorriqueños asaltaron o Capitolio dos EUA

Foi en 1954 e a resultas do ataque armado 5 congresistas resultaron feridos. Os 4 independentistas que protagonizaron a acción pasaron 25 anos en prisión.

portorico

O primeiro de marzo de 1954 os independentistas portorriqueños Lolita Lebrón, Rafael  Cancel Miranda,  Irvin Flores e Andrés Figueroa entraron armados na sala do  Capitolio de Estados Unidos, en Washington DC. Un asalto no que houbo unha trintena de disparos e cinco congresistas foron feridos.

Os 4 independentistas foron arrestados e pasaron 25 anos en prisión. O propósito da súa acción era chamar a atención do mundo sobre a “situación colonial de Porto Rico e a represión do goberno de Estados Unidos contra o movemento independentista da illa caribeña”.

"Non vin matar a ninguén, vin morrer por Porto Rico!", berrou Lolita Lebrón no momento en que foi arrestada por disparar no Capitolio. Minutos antes, cando Lolita e outros tres independentistas chegaron á galería das visitas da Cámara, ela incorporouse e clamou: "Viva Porto Rico libre!", e sacou a bandeira do seu país. Logo abriron fogo utilizando armas automáticas. 

Unha historia que explicou en diversos artigos Carmelo Ruiz  Marrero, xornalista e autor portorriqueño.

"O ataque en Washington en 1954 ocorreu nun período de reformas ao sistema político de Porto Rico, que supostamente ían poñer fin o país nocamiño da democracia formal e a autodeterminación. Estas reformas tiñan o propósito de tranquilizar ao Comité de Descolonización de Nacións Unidas, o cal estaba a facer  cuestionamientos sobre o caso de Porto Rico que incomodaban a Estados Unidos. Durante este período entre as décadas dos 40 e 50, aos portorriqueños permitíusenos por primeira vez elixir o noso gobernador e tamén se aprobou unha constitución mediante referendo.

O ataque de 1954 non foi a primeira vez que en Washington  DC se oían os disparos pola independencia de Porto Rico. O primeiro de novembro de 1950 dous independentistas tentaron  matar o presidente Harry  Truman. Un dos atacantes,  Griselio  Torresola, morreu no acto. O outro, Óscar Collazo, foi ferido e pasou 29 anos en prisión.

Nesa década centos de independentistas foron encarcerados.

Na década dos 70 suxeríuselle aos cinco nacionalistas presos en EEUU polas súas accións en Washington que pedisen un perdón presidencial. Eles rexeitáronse e dixeron que só aceptarían unha liberdade incondicional.

En 1979 o presidente Jimmy  Carter liberou os cinco sen condicións. Ao regresar a Porto Rico foron recibidos como heroes nacionais pola poboación que apoia a independencia".

Comentarios