Dezaoito alcaldes do BNG, Anova, CxG e independentes forman a Irmandade Municipal Nacionalista e Galeguista

Marcan como obxectivo o da defensa e promoción do idioma e cultura de Galiza, a protección do ambiente e patrimonio; e puxar pola transparencia na xestión pública.

Casa do Concello de Rianxo
photo_camera Casa do Concello de Rianxo

Naceu hai un ano mais é agora cando decide saír á luz. É a Irmandade Municipal Nacionalista e Galeguista (IMNG), da que forman parte un total de 18 alcaldes doutros tantos concellos de Galiza. Rexedores do BNG, Anova, Compromiso por Galiza e mesmo independentes e que se marcan como obxectivo a defensa e promoción da lingua e cultura galegas ou a tranparencia na xestión pública. Tamén queren incidir na necesidade de protexer o ambiente, preservar a contorna, así como  dos valores tradicionais, dos sinais de identidade e da memoria histórica de Galiza.

A IMNG está presidida polo alcalde de Castrelo do Miño, Xurxo Rodríguez Méndez, e na vicepresidenca está o rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia. @s promotores da Irmandade destacan a importancia de unir e sumar forzas por parte de concellos de diferentes forzas.

Tamén integran esta organización Adolfo Muíños Sánchez (Rianxo), Marcos Besada Pérez (Salceda de Caselas), Martiño Noriega Sánchez (Teo), Xoán Xosé Jardón Pedras (Vilar de Santos), Manuel Antelo Pazos (Vimianzo), Manuel Muíño Espasandín (Zas), Severino Rodríguez Díaz (Monforte de Lemos), Rafael Pérez Vázquez (A Mezquita), Francisco José Fernández Blanco (A Pobra de Trives), Xavier Simón (Arbo), José Luis García López (Arzúa), Francisco Xabier Oviedo Rodríguez (Maceda), Teresa Barge Bello (A Bola), David Rodríguez Estévez , Xosé Lois Maceira Vilariño (A Pobra do Brollón), (Manzaneda) e Orlando González Cruz (Mondoñedo),  

Comentarios