A determinación das sardiñas, a frear a Lega de Matteo Salvini

Este domingo organízanse unhas eleccións decisivas para Italia e para a UE na rexión da Emilia-Romaña. A extrema dereita, personificada na Lega de Matteo Salvini, aspira a conquistar o 'bastión da esquerda' desde o final da Segunda Guerra Mundial.
11 November 2019, Italy, Forli: Matteo Salvini, leader of the right-wing Lega Nord party and former Interior Minister of Italy, speaks during an election campaign rally ahead of the expected 2020 Italian regional election. Photo: Stefano Cavicchi/LaPresse via ZUMA Press/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

11 November 2019, Italy, Forli: Matteo Salvini, leader of the right-wing Lega Nord party and former Interior Minister of Italy, speaks during an election campaign rally ahead of the expected 2020 Italian regional election. Photo: Stefano Cavicchi/LaPresse via ZUMA Press/dpa
  (Foto de ARCHIVO)

11/11/2019 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Matteo Salvini leva varios meses instalado na rexión, sabedor da importancia dos comicios (Europa Press)

Bernardo Bertolucci, segundo confesara el mesmo nunha entrevista, estruturou o seu mítico filme Novecento (1976) seguindo as catro estacións do ano. Así, o final da Segunda Guerra Mundial ─cara ao final da película─ coincide coa primavera; os protagonistas, Alfredo e Olmo, coñécense de cativos no verán e reúnense de adultos no outono. O inverno correspóndese coa chegada ao poder do fascismo.  

A rexión italiana da Emilia-Romaña, onde Novecento foi filmada e ambientada, podería revivir este inverno a chegada da extrema dereita. Considerada o 'cinto vermello' de Italia, este territorio centro-setentrional que engloba oito provincias e a cidade metropolitana de Boloña, a capital, organiza mañá eleccións rexionais. 

Nos comicios locais do pasado xuño, unha coalición liderada pola Lega de Matteo Salvini fíxose coas alcaldías de dúas das súas principais cidades: Ferrara e Forlì. Ambas as dúas localidades estiveran gobernadas pola esquerda durante máis de medio século. Para Salvini, vencer na Emilia-Romaña suporía un pulo definitivo no seu obxectivo de asaltar o Goberno nacional. "Se gañamos Ferrara e de gañarmos Emilia-Romaña, podemos gañar en calquera sitio", manifestaron en varios ocasións desde a Lega. O seu auxe en Italia é evidente.

A pesar de ser unha das rexións con maior calidade de vida da UE ─a taxa de desemprego é a metade da media italiana─, nos últimos anos sufriu a desaceleración económica e os procesos derivados da globalización, que afectan principalmente o pequeno comercio. A isto súmase o aumento dunha inmigración con dificultades para se integrar e progresar socialmente, creándose desta maneira un cóctel de sobra coñecido noutras partes de Europa. Un cóctel molotov, á espera de ser prendido por políticos populistas. E Salvini éo.  

As últimas sondaxes, do 11 de xaneiro (a partir desa data quedaron prohibidos), indicaban que o resultado nos comicios de mañá será moi axustado, coa candidata da Lega, Lucia Borgonzoni, e o do Partido Demócrata (PD), Stefano Bonaccini, pelexando pola vitoria. 

A esquerda

O PD aglutina o voto progresista nun país onde o outrora potente Partido Comunista de Italia marcaba a axenda política do país, logrando mesmo que os Gobernos liberais de todo o continente, temerosos do avance do comunismo, fixeran numerosas concesións sociais e laborais. O actual Partido Comunista Italiano é unha refundación de 2016 daquel antigo Partido Comunista de Italia.

Como este, o PD está inmerso nun proceso de reformulación. Actualmente goberna Italia en coalición co populista Movemento 5 Estrelas (M5S), cuxo líder, Luigi di Maio, presentou a dimisión a pasada cuarta feira chamando tamén a reinventarse. 

A alianza PD-M5S foi promovida polo ex secretario xeral do PD e ex primeiro ministro, Matteo Renzi, co obxectivo de desaloxar Matteo Salvini do poder. Hai menos de tres meses, Renzi anunciou que abandonaba o PD para crear un novo partido de centro.

Para Mattia Migliozzi, residente en Boloña, onde acaba de rematar un máster en Física Teórica, as persoas de esquerda en Italia están "orfas" de referentes políticos. Migliozzi, en conversa con Nós Diario, considera non obstante que a febleza da candidata da Lega, Lucia Borgonzoni, pode acabar favorecendo o PD e o seu candidato, Stefano Bonaccini.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

Comentarios