DENUNCIA DA CENTRAL NACIONALISTA

Despedido por ser candidato da CIG nas eleccións sindicais

O sindicato cualifica de “represión sindical” o despedimento do traballador de Remolcadores Ferrolanos S.A (Refesa) e exixe a “readmisión inmediata”.

non á represión sindical

CIG-Ferrol denuncia que un traballador de Remolcadores Ferrolanos S.A (Refesa) foi despedido no que considera que é un caso de “represión sindical”. A central nacionalista afirma que este operario era o candidato da CIG nas eleccións que se van realizar no centro de traballo o vindeiro 7 de marzo. Exixe á empresa a “readmisión inmediata” e advirten de, se manter Refesa no despedimento, de que a fai responsábel “de todos os conflitos que se produzan nos remolcadores da ría de Ferrol. “Non irnos consentir que a dirección de Refesa utilice o despedimento para someter aos seus traballadores e traballadoras”.

Ao tempo, a CIG-Ferrol fixo un chamamento os traballadores da empresa e doutros remolcadores da Ría de Ferrol “para que mostren a súa solidariedade e apoio ao compañeiro despedido por dar o paso de defender as condicións laborais a través do noso sindicato”.

Comentarios