Desempregad@s poderán ser 'condenadas' a traballos en beneficio da comunidade

O Goberno español aproba en Consello de ministr@s que persoas que cobran prestación por estaren no paro poderán ser chamadas para tarefas de limpeza, rehabilitación e reconstrución nas zonas arrasadas polos incendios. A medida, que Sáenz de Santamaría denominou 'de colaboración social', ten os mesmos requisitos que a pena privativa de dereitos contemplada no CP español

As institucións públicas poderán dispor das persoas en situación de desemprego que cobran a prestación para participar nas tarefas de reconstrución, rehabilitación e limpeza das zonas arrasadas polos lumes durante o verán, que supuxeron a queima de máis de 180 mil hectáreas. Anunciouno esta sexta feira Soraya Sáenz de Santamaría, vicepresidenta do Goberno español, na rolda de prensa após o Consello de ministr@s, chamándolles 'traballos de colaboración social' e argumentando que están contemplados na Lei xeral da seguridade social desde 1982.

A medida aparece contemplada no RD aprobado para paliar os danos polos incendios forestais, e deberán cumplir unha serie de condicións: que o traballo sexa de utilidade social, que redunde en beneficio da comunidade, que sexa temporal, que cadre coas aptitudes físicas e formativas da persoa traballadora e que non supoña un cambio de residencia. A actividade non será remunerada. Tanto o nome como os requisitos lembran os traballos en beneficio da comunidades, unha pena privativa de dereitos que contempla o artigo 49 do Código penal español após a súa reforma en 1995.

Aumento do orzamento de defensa nun 30% en plena vaga de recortes

O executivo español tamén aprobou neste consello de ministros un crédito extraordinario de perto de 1.800 millóns de euros para facer fronte a débedas pendentes por programas de armaento do Ministerio de Defensa correspondentes aos exercicios 2010 a 2011. A maior parte deste crédito destinarase a pagar a parte correspondente do EF-2000, o Avión de Combate Europeo e programas como o helicópetero de ataque Tigre ou o carro de combate Leopard.

O orzamento de Defensa para este exercicio era de 6.316 millóns de euros, polo que este crédito extraordinario, que se tramitará como decreto lei e debe ser ratificado polo Parlamento, implica un aumento de áis do 28,21%.

Combustíbeis: Subir como foguetes, baixar como plumas

O consello de ministros desta sexta tamén abordou o prezo dos combustíbeis, que veñen de acadar cotas históricas. A vicepresidenta do goberno, Soraya Saénz de Santamaría, anunciou que o executivo estudia a posibilidade de alicar medidas impositivas que permitan rebaixar as marxes de beneficios que boteñen as operadoras.

A viceministra insistiu en que no estado español é onde gasoil e gasolina teñen menos impostos, e que a práctica habitual é que no sector dos carburantes os encarecementos da enerxía nos mercados internacionais trasládanse rápidamente ao surtidor,e iso non pasa nas baixadas: "suben como un foguete e baixan como unha pluma".

Máis en Mundo
Comentarios