Derbi galego virtual no I Trofeo Carranza de eSports

O Dépor e o Lugo competirán na primeira rolda dun torneo de fútbol virtual no que participan 20 equipos da Segunda División.
carrabza
photo_camera Cadro do I Torneo Carranza de eSports

O Cádiz, equipo líder da Segunda División, vén de organizar unha edición moi especial do Trofeo Carranza, o segundo torneo de verán máis importante, só por detrás do Teresa Herrera da Coruña.

Trátase dunha edición virtual da competición, na que participarán 20 equipos da Segunda División, entre eles o Dépor e o Club Deportivo Lugo. Os equipos galegos enfrontaranse na primeira rolda, nun encontro que se desenvolverá no FIFA 20 a sexta feira, 27 de marzo, ás 21 horas e no que xogarán Pero Nolaskoain representando aos coruñeses e Hugo aos lucenses. 

O obxectivo, ademáis de pasalo ben nunha época na que o fútbol "real" está suspendido indefinidamente, é tamén solidario, xa que todas as doazóns recadadas serán doadas ao Ministerio de Sanidade. 

Comentarios