A Deputación de Pontevedra promove unha mostra de novos artistas

Vinte e cinco obras seleccionadas no certame Novos Valores 2018, promovido pola Deputación de Pontevedra, poderán verse no edificio Sarmiento do Museo provincial ata o 16 de setembro.  “Son as creadoras e creadores chamadas a escribir o futuro da nosa historia da arte”, afirmou o responsábel de Cultura do ente provincial, Xosé Leal.
 

edificio sarmiento
photo_camera O edifico Sarmiento do Museo de Pontevedra. Foto: cedida.

Catro das 25 pezas corresponden aos gañadores do premio. Ademais de participar na mostra, gozarán dunha bola de formación e produción de proxecto artístico por 1.500 euros cada un. Foron a escultura Lo merecido de Natalia Umpiérrez (Pontevedra, 1982), a performance audiovisual My statement de Noela Covelo (Pontevedra, 1984) o vídeo Synth-BIOs-sobreinformación de Lois Búa Muxía, 1996) e a pintura Ternura de Blanca Tourés (Vigo, 1994).

“A recuperación do formato de bolsas de estudos foi un acerto, porque permite ir vendo como evolúe a obras das persoas gañadores”, considerou Leal, “o que redunda en beneficio de todas, no delas como artistyas e no noso como público”.

Ao Novos Valores 2018 optaron 99 obras: 19 en pintura, 17 en fotografía, 7 en videocreación, 10 en debuxo, 8 en gravado, 2 en deseño e 10 no denominado apartado de “varios”. O xurado formárono os artistas José Solla e Olmo Cuña, a decana de Belas Artes Silvia García, o director do Museo Carlos Valle e mais a técnica de xestión cultural María del Carmen Baloira.

Comentarios