A Deputación de Lugo, no precipicio

Hai un mes, o Goberno da Deputación de Lugo retirou a Suplusa, empresa pública en que a institución posúe a maioría accionarial, as competencias de xestión das residencias de maiores. A decisión desatou unha nova crise nun Goberno provincial que, en mans do PSdeG, non acaba de resolver a súa dependencia do díscolo socialista Manuel Martínez. Eis un extracto da información publicada ao respeito no Sermos Galiza 292.

Deputación de Lugo
photo_camera Deputación de Lugo

Manuel Martínez, amais de deputado provincial e alcalde de Becerreá, é o presidente da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S. A. (Suplusa). Foi un dos cargos que asumiu en febreiro de 2017, cando asinou a paz co seu aínda partido e se converteu en vicepresidente da Deputación. “A partir de agora poñemos o contaquilómetros a cero e comeza unha nova época”, declarou daquela o presidente provincial, Darío Campos. Mais iso non sucedeu.

3
Os desencontros entre Martínez e Campos foron notorios, sonados e abondosos. O último, relacionado coa xestión das residencias de maiores públicas, forzou unha nova ruptura dentro dos socialistas lugueses que deu lugar á destitución do vicepresidente e a que o propio PSdeG-PSOE de Lugo incoase un expediente disciplinario que, probabelmente, remate na súa expulsión do partido. “A nosa Executiva provincial considera a actitude de Martínez inadmisíbel”, explica a Sermos Galiza o secretario provincial dos socialistas lugueses, Álvaro Santos, “e, segundo os estatutos, unha falta moi grave”. 

Santos refírese ás continuadas rupturas do sentido do voto entre Martínez e o grupo do PSdeG. A última delas, no relativo a Suplusa. A situación, descrita polo nacionalista Xosé Ferreiro como de “tremendo guirigai”, é gráfica: os votos en pleno de PP e Manuel Martínez contradín a Xunta de Goberno, que foi a que retirou as competencias sobre as residencias do ámbito de Suplusa. A empresa pública tamén se nega a acatar a orde do Executivo.

[Podes ler a información íntegra no número 292 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios