O Deportivo presentarase ao partido ante o Fuenlabrada e pedirá a inhabilitación de Tebas

"Se por nós fose, poriamos 11 conos no campo", asegura o presidente do Club.

O presidente da Liga, Javier Tebas: "Aínda non me cazaron". (Foto: Nós Diario).
photo_camera (Foto: Nós Diario).

O presidente do  RC Deportivo, Fernando Vidal, anunciou que o equipo presentarse esta sexta feira ao partido da última xornada de  LaLiga  ante o Fuenlabrada, aprazado polos positivos por coronavirus no equipo madrileño, aínda que se por eles fose poñerían "11 conos no campo".

Ademais, avanzou que pedirá ao Consello Superior de Deportes (CSD) a "inhabilitación" de Javier Tebas como presidente de  LaLiga, ao que acusou de "humillar" e "buscar as cóxegas" ao club galego.

"Sempre sostivemos non xogar o partido se non se disputaba xunto ao resto da xornada. Pero o último parágrafo do escrito de Competición déixanos abertas, independentemente de cal sexa o resultado do partido, todas as vías, como a anulación da xornada, a repetición da mesma ou o posible descenso e perda de tres puntos por parte do Fuenlabrada”.

O máximo mandatario do club coruñés confirmou que pedirá a "inhabilitación" de Javier Tebas, sinalando ademais que o Fuenlabrada, onde traballa o fillo do presidente de  LaLiga, "manexaba información privilexiada e adiantada de se ían disputarse ou non os partidos".

Comentarios