Opinión

“Deportes minoritarios”

Teño a fortuna de traballar nun deporte minoritario, maiormente feminino e moi fermoso e estético como é a patinaxe artística, pero un deporte minoritario como tantos outros e cunha realidade a veces difícil de xestionar, se non fora polo bo facer e a vocación de moitos adestradores e adestradoras, directivos, pais e nais e demais colaboradores.

Ás dificultades propias de cada deporte, no caso dos deportes minoritarios hai que sumarlle a falta de recursos no referente a instalacións axeitadas e a falta de horas dispoñibles para acceder a ditas instalacións, recentemente saía en prensa a denuncia de clubes deportivos do Concello de A Coruña pola falta de instalacións en condicións e da escasez de horas para poder desenvolver a súa labor, isto é algo que vexo a cotío nos diferentes clubes cos que colaboro, e ista situación repercute negativamente á hora de facer adestramentos coa calidade axeitada que precisa o deporte de competición, e en moitos casos estamos a falar de deportistas que compiten a nivel autonómico ou estatal.

A patinaxe artística, por exemplo, é un deporte no cal os elementos externos son predecibles e estables (a pista, a música, a temperatura do pavillón, etc...) pero calquer pequena variación nalgunha desas variables inflúe negativamente na execución das deportistas, un firme irregular, unha pequena rugosidade na pista, un mal sonido, humidade na pista, pó na pista, ou unha temperatura inaxeitada, poden afectar á concentración e á execución da propia patinadora, e desafortunadamente as e os deportistas que acompaño teñen que afrontar a diario estas incómodas circunstancias.

E a pesares diso en Galiza temos un grande potencial deportivo a nivel estatal, e falo de deportes como o hoquei a patíns, a patinaxe artística, a ximnasia rítmica, o balonmán, etc. Qué pasaría se estes deportes minoritarios recibiran o apoio da administración pública no referente a instalacións axeitadas, horarios, facilidades, apoio institucional, etc?

Hai que ter en conta que o deporte en xeral e a actividade física en particular é un vehículo que beneficia os nenos e nenas e adolescentes na súa socialización, identidade, desenvolvimento físico e mental e é unha opción excelente para previr patologías ligadas ás adicciones, así como previr outras conductas antisociais, polo que non estamos a falar dun simple divertimento ou pasatempo, o deporte de competicón é unha ferramenta educativa tan importante como a ensinaza regrada e por suposto moito máis poderosa por ser unha actividade lúdica á que os nenos e nenas se entregan voluntariamente e con toda a súa paixón.

Por todo isto a inversión e a promoción do deporte é o mellor indicativo dunha sociedade saudable, e diversificar a oferta deportiva dentro dun concello vai facilitar que cada neno e nena poida escoller e decantarse polo deporte que mellor se axeite aos seus intereses e capacidades físicas, e non verse na “obriga” de participar no deporte maioritario de turno, para o cal nin está especialmente interesado, nin capacitado, e onde con toda probabilidade vaise a sentir frustrado e abandoando a práctica deportiva.

Comentarios