O Dépor quere facer historia ante o Valencia na Copa da Raíña [POLA MAÑÁ]

As branquiazuis disputan hoxe por primeira vez na súa historia un partido oficial no Estadio Municipal de Riazor.
662x372a_06210601galeria15_valenciadeporabanca-12
photo_camera Formación do Deportivo Abanca no encontro ligueiro ante o Valencia (Foto: R.C.Deportivo).

Por primeira vez na súa historia o Deportivo Abanca disputará un partido oficial no Estadio Municipal de Riazor, e farao con motivo do encontro de oitavos de final da Copa da Raíña que se disputará hoxe ás 20 horas, e no que as galegas se enfrontarán ao Valencia.

Co obxectivo de encher Riazor, o clube coruñés levou a cabo unha iniciativa pola que as afeccionadas que queiran acudir apoiar as branquiazuis só terán que pagar dous euros polo boleto, que ademais estarán destinados á Cociña Económica da Coruña.

Como é habitual, o acceso para as socias será de balde, e as 5.000 primeiras persoas que accedan ao campo recibirán como incentivo o agasallo dunha bufanda do Dépor.

Comentarios