Dépor 2-Levante 2

O Dépor perde 2 puntos en 10 minutos e fronte a un rival directo

depor levante imaxe la liga
photo_camera Imaxe: RCD Deportivo

Era un encontro chave para o Dépor e os deportivistas sabíano. A priori, podíase derrotar o Levante e situar así o inicio da remontada que afastase os branquiazuis dos postos de descenso. Mais os plans non sempre sen ben. A lesión de Sidnei e a expulsión de Borges puxeron o obxectivo costa arriba para os coruñeses que, porén, puxeron tensión e esforzo, chegando a 10 minutos do final cunha vantaxe de 2 a 0. O Dépor resistiu unha hora cun xogador menos e a piques estivo de lograr a vitoria e os tres puntos.

Cando faltaban dez minutos para o final as cousas torcéronse. Culpa de Ivy, que meteu os dous goles do Levante. O esforzo feito polo Dépor non atopou premio.

O encontro comezou con moito respecto entre ambos os dous equipos, conscientes do que había en xogo. Era un partido aberto. Adiantouse o Dépor mais a expulsión de Borges a 10 minutos do final facía presaxiar un vendaval mediterráneo. Mais os coruñeses resistiron e mesmo aumentaron a vantaxe. Un encontro que se quentou por momentos, o que levou ao colexiado a sacar oito cartóns amarelos.

O Levante atacaba mais non concretaba e o Dépor, con 10, esperaba atrás para lanzar despois o contragolpe. O adestrador levantino esgotou os tres cambios e puxo toda a pólvora sobre o céspede, Boateng, Roger e Bardhi, procurando a emontada. A piques estivo de logralo.

Ficha técnica:

Deportivo(2): Rubén Martínez; Juanfran, Schär, Sidnei (Eneko Bóveda, min.24), Luisinho; Borges, Guilherme; Lucas Pérez (Fede Valverde, min.41), Carles Gil (Navarro, min.75), Adrián López; e Florin Andone.

UD Levante (2): Oier Olazabal; Coke (Boateng, min.46), Chema, Erick Cabaco, Antonio Luna; Jason Remeseiro, Doukouré (Roger Martí, min.46), Jefferson Lerma (Bardhi, min.50), Morales; Campaña e Ivi López.

Goles: 1-0, min.19: Adrián López. 2-0, min.45: Andone. 2-1, min.80: Ivi. 2-2, min.84: Ivi.

Árbitro: González Fuertes. Expulsou Borges (min.34), do Deportivo. Ademais, amoestou Luisinho (min.17), Guilherme (min.72), Andone (min.85), Rubén (min.88) y Schär (min.88), do Dépor; e a Lerma (min.30), Doukouré (min.36), Chema (min.48), Campaña (min.57) y Roger Martí (min.61), do Levante.

Comentarios