O Dépor, un partido máis e tres puntos menos

O Deportivo cae perante o Sevilla (4-2) nun partido no que evidenciou unha das súas eivas recorrentes nesta tempada: unha frouxa defensa. Pepe Mel lamentou os dous penaltis non sinalados.

depor sevilla Imaxe La Liga
photo_camera Imaxe: La Liga

O Deportivo caeu perante o Sevilla (4-2) e ten un partido máis e tres puntos menos. Algo nada tranquilizador cando estamos xa metidos na recta final da Liga. Foi unha primeira metade de infarto, eléctrica, onde en apenas media hora se marcaron cinco goles. Os dous do Deportivo por obra de Kakuta, aguilloado pola volta a un estadio onde a súa fugaz estancia non debeu deixarlle boa lembranza.

O Deportivo volveu a evidenciar algunha das eivas que lle acompañan esta tempada, como unha defensa frouxa: os tres goles do Sevilla na primeira metade dben máis a erros defensivos dos coruñeses que a méritos sevillistas. O Dépor perdeu por momentos a concentración no campo e semellaba non dispor nin de enerxía nin intensidade. Viña de realizar un mal partido fronte ao Granada, mais Sevilla [rival difícil] non foi o encontro que os redimiu.

O adestrador deportivista, Pepe Mel, sinalou dous penaltis non sinalados polo árbitro como decisivos no partido. O Dépor acumula catro xornadas sen gañar e o p´roximo rival é o Málaga, coa mural polas nubes após derrotar o Barça.

Ficha técnica

Sevilla FC (4): Sergio Rico, Mariano, Pareja, Mercado, Escudero, Franco Vázquez (Lenglet, min. 76), Kranevitter, N'Zonzi (Iborra, min. 74), Sarabia, Joaquín Correa (Ben Yedder, min. 65) e Jovetić.

RC Deportivo (2): Lux, Juanfran (Laure, min. 12), Arribas, Sidnei, Luisinho, Borges, Guilherme, Marlos Moreno (Ola John, min. 58), Emre Çolak (Andone, min. 72), Kakuta e Joselu.

Goles: 0-1 Jovetić (min. 1); 1-1 Kakuta (min. 4); 2-1 Sarabia (min. 9); 2-2 Kakuta (min. 25); 3-2 Correa (min. 32); 4-2 Ben Yedder (min. 88).

Árbitro: Jaime Latre (colexio aragonés). Cartón amarelo a Luisinho (min. 26), Escudero (min. 27), Kranevitter (min. 45), Arribas (min. 60), Jovetić (min. 67) e Joselu (min. 87).

Comentarios