Demandan ao Consello do Bierzo o recoñecemento do galego

Fala Ceibe presenta alegacións ao regulamento do organismo comarcal berciano para que se facilite o uso do galego nas relacións coa cidadanía.

Vilafranca do Bierzo
photo_camera O Bierzo

O colectivo cultural Fala Ceibe vén de presentar alegacións ao regulamento de organización do Consello Comarcal do Bierzo para que este organismo recoñeza o uso administrativo do galego e pule polo “bilingüismo” real. “Propoñemos o recoñocemento expreso do bilingüismo berciano”, resumen.

Así, Fala Ceibe presenta unhas propostas de modificación nas que propón que no artigo 3 se inclúa que “en base aos mandatos do Estatuto de Autonomía de Castela e León (ar. 5.3) e da Lei da Comarca do Bierzo (art. 1.4) o Consello Comarcal practicará o bilingüismo administrativo”.

No artigo 75 pide que se estableza que “para facilitar a participación da cidadanía posibilitarase o bilingüismo (castelán/galego) mediante o uso oral e escrito (papel, informático, electrónico e telemático)”, así como que “o dereito á información pública exercerase favorecendo o bilingüismo mediante a progresiva divulgación dos dous idiomas do Bierzo con recoñecemento legal”.

Comentarios