Contra Peón compiten a fadista portuguesa Mariza, o británico Sam Sweeney e a banda danesa Dreamers' Circus. Xornalistas especializadas, non necesariamente adscritas á redacción de Songlines -publicación de referencia no universo da denominada world music-, encargáronse da escolla. O 10 de maio a revista dará a coñecer os gañadores e gañadoras nas diversas categorías.
Deixaas sucedeu a SOS (2010) na explosiva discografía de Mercedes Peón. Con estes dous traballos, a música de Oza dos Ríos adentrouse en vieiros nunca explorados por sonoridades extraídas da tradición musical galega. Electrónica, ecos industriais, distorsión, contribúen a debuxar obras únicas.