Opinión

Debate xurídico-ético

En Francia non andan con cativadas: nun prazo de 48 horas soubemos que o Goberno decretou o toque de queda nas grandes cidades e que a Policía rexistrou a casa do ministro de Sanidade con motivo dunhas denuncias presentadas nos xulgados pola súa xestión da Covid-19. Nesas denuncias, acusan o ministro de Sanidade, Olivier Véran, e outros altos cargos do Goberno de Macron de actuar tarde e sen sentido á hora de adoptar medidas contra a pandemia. En Francia cos togados non se xoga. 

Tamén o Goberno español foi obxecto de denuncias por parte de familiares de falecidos na pandemia, mais, até o que sabemos polo de agora, non parece que esas denuncias vaian prosperar. Que eu saiba, non se presentou ningunha denuncia contra os dous Gobernos de Hegoalde pola súa xestión —e non estou a dar ideas—, pero gustaríame saber, Maria e Vicent, se nas vosas nacións alguén levou aos tribunais os vosos Gobernos por ese motivo. 

O Goberno foi obxecto de denuncias por parte de familiares de falecidos na pandemiao Goberno foi obxecto de denuncias por parte de familiares de falecidos na pandemia

Paréceme un debate xurídico-ético moi interesante que se formule se os cidadáns teñen dereito a acudir aos tribunais cando consideran que as decisións dos seus Gobernos foron erróneas ben polo seu contido ou o seu carácter inoportuno, aínda cando non se trate dun caso claro de irresponsabilidade cometida a propósito polos responsábeis políticos. Non serei eu quen lles negue ese dereito; por iso digo que o debate ten o seu interese, e a conclusión ben merece un diálogo dilatado e sereno. Sempre tendo en conta que as vítimas desas decisións erróneas non terán ningunha gana de charla intranscendente. Quererán respostas, non discusións de salón.

Cantas veces vimos policías entrando na casa dun ministro do Goberno? Sen querer ser inxenuo, parece que en Francia, polo menos nalgúns casos, aínda teñen en conta a teoría de  ¡Montesquieu sobre a división de poderes. Eses aires non chegaron até o Estado que nos ten subordinados aos tres, e pronto o sufrirán na Audiencia Nacional os 12 independentistas galegos.

Comentarios