Debate entre candidatos a Lehendakari: Mintegi (EH Bildu) abandeira o cambio ante a indefinición de Urkullu (PNV)

O único debate entre os aspirantes a lehendakari serve para que EH Bildu amose as súas cartas a favor doutras olíticas e afirme que ten constancia de que se fragua un pacto entre PNV e PSE. Iñigo Urkullu opta pola indefenición sobre a independencia ou a fiscalidade. O candidato do PP, Antonio Basagoiti, golpea ao ar.
debate vasco
photo_camera debate vasco

O primero e único debate da campaña entre os principais candidatos a lehendakari, que foi emitido polo ente público de comunicación (EiTB) na noite da cuarta e que se desenvolveu nun mismo ton acougado que marcou a campaña, agás en momentos moi puntuais. Non deixou grandes titulares, así que a noticia foi máis ben o continuismo apontado desde PNV e PSOE, que no caso de Urkullu consistiu máis ben nunha indinición.

A mesa redonda reuniu finalmente aos catro grandes aspirantes (Iñigo Urkullu, do PNV; Laura Mintegi, de EH Bildu; Patxi López, do PSE; e Antonio Basagoiti, dol PP), para alén de José Navas (Ezker Batua) e Gorka Maneiro (UPyD). Estes dous últimos incorporáronse ao deseño previo por decisión da Xunta Electoral Central.

MIntegi: "a única saida á crise é ter as maiores cotas de soberanía, e a independencia si é posíbel. España é un barco que afunde"

Entre os candidatos cruzáronse máis preguntas que respostas, e a maior parte quedaron no ar. Especialmente ambiguo estivo Urkullu, que non saiu do seu mutismo nin no terreo político (limitouse a prantexar máis autogoberno e seguiu esquivando posicionarse sobre a independencia) nin tampouco no social (nin concretuo qué reforma fiscal faría nin explicou de ónde recortaría o gasto).

Urkullu: "Estamos por unha bilateralidade con garantías"

Axenda do cambio

Isto fixo que a agenda do cambio quedara exclusivamente en manos de Laura Mintegi, e tamén de José Navas, cun discurso moi simellante ao de EH Bildu en todas as áreas. Mintegi sí foi clara en ambolos dous puntos. Sobre a crise recalcou que sí hai cartos mais fai falla repartilos. E sobre o marco expuxo que fai falla chegar a un acordo sobre o dereito a decidir que posibilite tamén a independencia. Neste último punto, instou ao resto de candidatos a ser realistas: «Levémonos como nos levemos, imos ter que arranxarnos, a xente que nos está a ver meréceo».

López: "Nin independencia nin centralismo"

Mais a candidata de EH Bildu chegou ao debate con outra noticia baixo o brazo, que dixo sustentada en datos que non se revelan polo de agora. Mintegi afirmou que PNV e PSE xa pecharon un pacto de goberno "con reparto de consellerías" e engadiu que "vostedes sábeno e eu seino". As dúas afirmacións que fixo ao respecto respecto foron respostadas por López con risos e acenos de incredulidade. Porén, resultou máis elocuente o silenzo de Urkullu, que optou por non desmentilo.

Basagoiti: "España é a octava potencia do mundo"

O candidato dol PSE centrouse en defender a súa xestión, polo que a súa intervención no debate tivo un carácter moi continuista. Basagoiti, pola súa banda, situouse a si propio en fóra de xogo desde o primeiro momento insistindo en se saltar o guión e procurar un enfrentamento artificial primeiro con EH Bildu. Non o conseguiu e ficou en ridículo en máis dun treito do debate.

A crise económica

A discusión comezou en torno á cuestión de máis urxencia, a crise, e a súa outra cara da moeda, a posibilidade de aumentar ingresos a través de novas políticas fiscais. Este último punto retratou moi ben o anceio de Urkullu en non posicionarse e así deixar aberta a opción de recoller votos en todos os caladoiros. Na súa primeira quenda, o do PNV nen sequer falou de fiscalidade, só de recortar o gasto; na segunda defendeu que o sistema vasco actual "é o máis progresivo dos existentes" e que xa "se loita contra a fraude"; e só na terceira quenda estaría aberto a unha reforma fiscal, mais sen concretar.

Fronte a isto, tanto López como Mintegi reivindicaron máis progresividade, de maneira que os ricos paguen máis. Pero os seus discursos diferenciáronse no que atinxe ás políticas de gasto. Laura Mintegi apuntou que "digan o que digan vostedes aquí, logo fan o que lles impón Rajoy, son unha correa de transmisión". Lembrou a López que Lakua sí recortou en sanidade e educación ao cambiar as ratios e non cubrir baixas. "Non é verdade", queixouse o lehendakari en funcións. Pola súa banda, Urkullu afirmou que goberne quen goberne terá que recortar e volveu anticipar "dous anos difíciles", mais asegurou que Euskadi "remontará como nos anos 80". Aquí o popular Basagoiti, monotemático, terciou para asegurar que aquelo ocurriu "grazas á axuda do goberno de España".

Mentres o resto de candidatos centrábanse nos cartos, a cabeza de lista de EH Bildu puxo a importancia nas persoas. Asegurou que "hai diñeiro mais está moi mal repartido". Esgrimiu datos de onte mesmo para afirmar que un 1,3% da cidadanía vasca posúe o 44% da riqueza, para concluir que "este é un país solvente, mais hai que repartir". E neste mesmo contexto, Laura Mintegi calificou de "suicidio político" operacións como a proposta por Urkullu para que Lakua adiante ao Estado español os cartos para as obras do TAV (Tren de Alta Velocidade).

O marco político

A cuestión política estaba noutro bloque, mais cando se puxo sobre a mesa Mintegi aclarou a Basagoiti que non son dúas cousas indisolúbeis: «Precisamente a única saida á crise é ter as maiores cotas de soberanía, e a independencia si é posíbel. España é un barco que afunde». Por contra, para o líder do PP "España é a octava potencia do mundo" e o que pon á cidadanía vasca ao borde do precipicio é a independencia.

Se Mintegi marcou con claridade a posición de EH Bildu, que previamente incide na necesidade dun acordo plural sobre o dereito a decidir, a Urkullu non houbo xeito de sacarlle clarificacións ao respecto.

Basagoiti primeiro e López despois enleáronse co candidato jelkide, ao que acusaron de acudir ao debate cun discurso de mero aumento de autogoberno destinado a ampliar o seu electorado. O líder do PSE considerou inaceptábel que a campaña vaia acabar xa e aínda non se saiba cál é a aposta exacta de Iñigo Urkullu. Tras refuxiarse en silenzos e encollerse de ombreiros, finalmente o jelkide falou mais sen aclarar nada. A súa posición volveu resumirse en frases como "bilateralidade con garantías" ou ir avanzando cara "Euskadi, nación en Europa", mais todo iso, insistiu dúas veces seguidas, "cos pés no chan".

De feito, e nun momento da lea dialéctica Mintegi apuntou que non coincidirá co PNV en materia social, mais si pode facelo neste asunto. Urkullu saltou inmediatamente para afirmar que "tampouco niso" porque a ambos diferéncialles as maneiras de vanzar cara a soberanía.

López garantiu que se oporá tanto á independencia como ao "centralismo" que exemplificou nos decretos dos Consellos de Ministros. "Coa que está a caer, vostedes pensan que estamos para referendos?" espetou Basagoiti a EH Bildu e EB. Mintegi emplazou ao popular ao domingo: "Se vostede é demócrata, escoite o que está a dicir o pobo".

En resumo, un debate de luva branca que sorprendeu ao propio moderador mais do que EH Bildu sae reforzado no seu papel de alternativa principal de cambio.

Comentarios