Opinión

Da seguridade, nin chío

Feixoo volveu fiar a convocatoria das eleccións galegas aos informes sanitarios encargados polo seu propio Goberno. Alertou de novos rebrotes de coronavirus mais non anunciou medida nin-gunha para evitalos, porque a súa preocupación segue a ser a mesma que nas últimas semanas: cargar contra o Goberno estatal e venderse como bo xestor. É a maneira de sacar rédito electoral nun momento en que a meirande parte da poboación non pensa en eleccións, senón en como saír desta.

Nin sequera onte se coutou á hora de adoptar o seu ton mitineiro e volveu confundir a camisola de candidato do PP coa de presidente da Xunta. Non se avergoñou cando lle preguntaron en repetidas ocasións que medidas se van estabelecer para garantir a seguridade das persoas durante a campaña electoral e na propia xornada de votacións. Non citou ningunha. Iso si, lanzou a súa proposta para reducir a campaña. El non ten necesidade ningunha, leva dous meses ofrecendo mitins, varias veces á semana, na CRTVG e sabe que o terreo de xogo van ser os medios de comunicación. 

Comentarios