AXENDA

Da fin de semana aprovéitase todo

caldo folk fusión
photo_camera Caldo

A memoria do silencio

San Sadurniño

Casa da Xuventude

17.10.2019

20.00h

Presentación da obra da escritora Eva Mejuto, editada por Xerais, na que se conta a historia dunhas irmás que salvaron na Ribadavia da posguerra a máis de 500 persoas xudías.

Sígname!

Lugo

Biblioteca Pública de Lugo

18.10.2019

18.00h

Narración de contos e acompañamento en lingua de signos, das mans de Ruth Estévez e Fátima Fernández, para crianzas de entre 4 e12 anos.

Máis FIOT

Carballo

Diversos espazos 

18-20.10.2019

20.30h/21.00h

Continúa o Festival de Teatro de Carballo. Na sexta feira 18 de outubro, dentro da programación de sala, preséntase Chicas y chicos, unha produción de El Sol de York, no pazo da Cultura ás 21.00h. A este séguelle o sábado no Mercado Municipal, á mesma hora pero no marco do M2, Iria Sobrado, Teatro en Punto e Ay Teatro. Xa o domingo día 20, no Pazo da Cultura e ás 20.30h, Lazona presenta La Golondrina.

Os vermús de Pinto e Maragota

Pontevedra

Espazo gastronómico do Mercado

19.10.2019

12.30h

A última sesión destes vermús realizarase o 19 outubro e consistirá nun faladorio sobre a vida trans na cidade do Lérez, en colaboración co colectivo LGTB Avante Pontevedra. Contarán coa participación de Ada Otero, Brais Papiri, Nee Barros e Magnolioo. No faladoiro tratarase o día a día de persoas trans e non binarias nesta cidade. Será no Espazo gastronómico do Mercado, a partir das 12.30h.

Grelo Folc

Monfero

Mosteiro de Monfero

19.10.2019

Cos concertos dos Feroces da Galgueira, The Homens, Banda Xangai, Trío Motobomba, así como o espectáculo de circo e obradoiros da man de Circus Magníficus.

Caldo

Outeiro de Rei

Casa-Museo Manuel María

19.10.2019

19.00h

A música de Caldo será a encargada de dar comezo á programación cultural deste último trimestre do ano. Con entrada libre até completar aforo.

Casa O´Rei

Betanzos

Aula Municipal de Cultura

19.10.2019 

20.00h

Con este texto, Casa O’Rei, Santiago Cortegoso completa a súa triloxía gastronómica, logo das afamadas "O furancho" e "Raclette".

Festival Intercéltico As San Lucas

Mondoñedo

Praza da Catedral

19.10.2019 

Contarán coas actuacións do asturiano Brais Rodrigo, de Xavier Díaz e Adufeiras de Salitre, o grupo irlandés Lunasa e o francés de música celta e bretoa Gwendal.

A compañeira de piso

Cambados

Auditorio Municipal da Xuventude

20.10.2019

19.00h

Dirixida por Belén Pichel e Cándido Pazó, de Contraproducións, a obra narra a vida dunha ama de casa de cincuenta anos e divorciada que publica un anuncio para compartir a súa casa no rural.

Comentarios