CxG mantén a aposta por unha coalición con Anova e propón o 9 de setembro para as primarias

O Consello Político Nacional de CxG reitera a oferta de alianza electoral a unha Anova que se atopa en pleno debate das súas asembleas sobre qué postura ter ante o 21-O

O Consello Político Nacionald e Compromiso por Galicia  ven de reiterar neste 1 de setembro a Anova a súa proposta de concorrer aos comicios do 21 de outubro baixo unha fórmula de colación electoral. O vindeiro domingo, 9 de setembro, sería a data proposta desde CxG para realizar as primarias "abertas á cidadanía" nas cales escoller aos e ás cabezas de lista das provincias e, posteiormente, ao ou á candidata á Xunta da Galiza.

Para Xoán Bascuas, de Compromiso, entre ambas as dúas forzas deberían de se sumar esforzos de cara a constituir unha oferta electoral “nidiamente galega e progresista”. A situación que estamosa vivir, segundo o líder de Compromiso, require de respostas “audaces”, que permitan unha alternativa realista ao Partido Popular de Núñez Feijóo á vez que posibilitar “un proxecto político propio de longo percorrido coa aspiración de gobernar este País”.

Do mesmo xeito, Bascuas asegura que é necesario un programa de mínimos de defensa “do autogoberno, do Estado de Benestar e da democracia con propostas realistas e que axuden a mellorar a calidade de vida da cidadanía nunha época marcada polo recurte de dereitos”.

Comentarios