Nun acto de apoio e solidariedade cos concellos investigados por aprobaren mocións a favor da declaración de desconexión, o deputado da CUP Benet Salellas pediulles ao resto de formacións políticas que fagan como a CUP e que non faciliten as actas de plenos nin ningunha información requirida pola Audiencia Nacional.
Ademais, a CUP propón que, no caso de que a Audiencia Nacional cite algún responsábel dos concellos investigados para declarar en Madrid, non vaian. “Desobediencia, república e independencia é a nosa única folla de ruta”, sinalou o parlamentar, quen salientou que a desobediencia servirá para conseguir o obxectivo marcado: a república catalana.
En relación ás negociacións con Junts pel Si, Salellas afirmou que “como país merecemos que o debate sobre proxectos de país e a folla de ruta e a ruptura con España vaia alén das negociacións con Junts pel Si”.