A cobertura do inicio das probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), a anterior Selectividade, na TVG espertou numerosas críticas nas redes sociais, pois o ente público aludiu ás "desigualdades entre comunidades" advertindo que as galegas e galegos "saen perdendo". A continuación, vinculou esa "desigualdade" coa materia de Lingua e literatura galega, "examínanse dunha materia máis, a de galego, e a maiores as probas son máis difíciles e os criterios de corrección, máis esixentes".
A información publicada na web da CRTVG ás 8.40 horas incide na liña do defendido polo PP nas últimas semanas. O último en apostar nunha selectividade única para todo o Estado foi Alberto Núñez Feixoo. Tanto a CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, como as Ampas, manifestáronse en contra pola "uniformización" e "centralización" que suporía.
Unha das voces que se manifestou publicamente contra o enfoque da cobertura da información -que na noticia das 15.22 eliminara toda a referencia ao galego- foi a de Ana Pontón, portavoz nacional do BNG.
Que vergoña😡
— Ana Pontón (@anaponton) 12 de xuño de 2019
A CRTVG facendo apoloxía contra o galego. Se temos medios públicos é pola existencia dunha lingua propia.
Canto tempo máis temos que aturar unha TVG ao servizo da ideoloxía do PP? pic.twitter.com/IwlyUU4uY2
Outras persoas tamén denunciaron o enfoque da información da CRTVG
A @TVGalicia dá esta noticia así:
— cibran🛰️ (@cartaxeometrica) 12 de xuño de 2019
"Examínanse dunha materia máis, a de galego, e a maiores as probas son máis difíciles e os criterios de corrección, máis esixentes" https://t.co/x278NEMlQq
"Os nosos rapaces saen perdendo" porque "Examínanse dunha materia máis, a de galego". Dicir isto é realmente grave, @crtvg!
— Nel Vidal Barral (@nelvidalbarral) 12 de xuño de 2019
Examínanse dunha máis (galego), e non só iso! Tamén se examinan dunha de máis: A de castelán.
— Jésica Ramos 💐 (@Jesicaramosglz) 12 de xuño de 2019