Lactalis quer blindar o prezo do leite na Galiza por baixo dos 30 céntimos

A principal industria en volume de recollida de leite na Galiza, Lactalis-Puleva, oferta ás explotacións galegas contratos anuais blindados fronte aos aumentos no prezo.
Explotación leiteira (SLG)
photo_camera Explotación leiteira (SLG)

A multinacional francesa Lactalis-Puleva empregou outro ano máis na súa estratexia de ofertar contratos anuais blindados diante das subas ás explotacións gandeiras galegas e agora cun prezo base 29,5 céntimos. 

As organizacións agrarias critican esta medida. Federación Rural Galega (Fruga) e SLG apostan por constituír unha mesa de negociación que teña competencias. Desde Unións Agrarias (UUAA) deféndese a negociación a través Organizacións de Produtores de Leite (OPL) como a Unión Leiteira Galega (Ulega) que conta con 400 explotacións que traballan con Lactalis.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios