A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta quintafeira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 227, once menos ca onte.
Deses 227 casos, 27 son da área da Coruña (1 máis ca onte)a, 160 da de Lugo (11 menos), 4 da de Ourense, 7 da de Pontevedra, 16 da área de Vigo (2 máis), 12 da de Santiago (3 menos), e 1 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 220 no domicilio.
Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.018 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 226.453.
Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas.