- Sexta feira
Os contos do chupete
Vigo
Biblioteca Pública Muncipal Xosé Neira Vilas
18.00h
Migallas Teatro propón unha sesión de contos, cancións e arrolos. Música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral para as crianzas.
- Sexta feira e sábado
Fisterra Blues Experience
Fisterra
Festival de blues con catro artistas e catro bandas internacionais e nacionais, obradoiros infantís, roteiros gastronómicos e feira de artesanía.
- Sábado
XXIV Festival do Río Castro
San Sadurniño
Naraío
Máis un ano, a Asociación Veciñal O Castelo de Narahío lanza o Festival do Río Castro. Atoparemos xogos dirixidos á infancia organizados pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT); espectáculo de música, circo e malabares con Isla Letriska; campionato de xogos populares; e música con Quenindiole, Encrucillada, Os d'Abaixo e Sacha na Horta.
XXII Asalto ao Castelo
Vimianzo
Castelo de Vimianzo
22.00h
550 anos despois... a Guerra Irmandiña continúa! Con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Muchachito Bombo Infierno, Heredeiros da Crus e Festicultores Cultivadores de Festas.
XVI Festa Rachada!
A Baña
Área recreativa Agra de Chans
Desde as 13.00h, xantar campestre, xogos populares durante todo o día, moita música e xamón! Nas bailas contarán coas actuacións musicais das Chispas de Compostela, Os Ghorxardentes e a Requinta da Laxeira. Xa no serán arrancan Os Fondãos do Pìfaro, Armandanzas de Laraño, Peter Punk, Os Carunchos, Airiños da Freba, Río de Anxo e continúa coa foliada! Organiza ACM Os Campantes da Baña.
- Sábado e domingo
Rock’in Carballo
Carballo
Varios espazos
Desde as 13.00h
Con Paul Collins, Lagartija Nick, Atom Rhumba, Bala, Familia Caamagno, Chico Azul, Bento Veloso & Los Doce Trinches e Psychofonia.
- Toda a fin de semana
Mostra Internacional do Teatro Cómico e Festivo de Cangas
Cangas
Varios espazos
Até o 8 de xullo
O programa conta con espectáculos internacionais, galegos e doutros territorios, xunto con cursos, exposicións, proxeccións, encontros, presentacións e máis!
Festas do Barrio de San Pedro
Santiago de Compostela
Barrio de San Pedro
Con concertos, proxeccións, contadas, espectáculos poético-musicais, microcharlas, romarías...
Maruja Mallo. Vinte almas
Lugo
Museo de Lugo
Até o 3 de setembro de 2017
A exposición amosa unha selección de obras desta creadora e estabelécese unha relación entre o seu traballo e doutros coetáneos seus, así como un apartado documental sobre a pintor.