O coronavirus segue a estender o pánico

Onte confirmáronse varios casos illados en catro Estados europeos: no croata, no austríaco, no suízo e no español. Todos relacionados co brote no norte de Italia.
italia
photo_camera Militares italianos inspeccionan unha furgoneta nun posto de control na localidade de Turano Lodigiano, en Lombardía, onte (Claudio Furlan / dpa)

A COVID-19, a enfermidade que provoca o coronavirus SARS-CoV-2, continúa a propagarse polo mundo. Tras os grandes brotes, fóra da China, do Irán e de Italia, os casos abrollan con contagotas noutros países. Onte confirmáronse varios en catro Estados europeos: no croata, no austríaco, no suízo e no español. Neste último, un hotel en Tenerife cuns mil hóspedes permanece en observación tras dar positivo un cidadán italiano; tamén en Cataluña se rexistrou outro: unha muller que viaxou recentemente ao norte de Italia

No Estado español hai un total de sete casos,  todos eles relacionados dunha ou outra maneira con Italia

"Se abordamos a situación cunha mentalidade excesivamente dramática, de alarmismo, de pánico social, o resultado obviamente será de confusión e de efectos negativos que non nos axudan". Son declaracións de onte do primeiro ministro italiano, Giuseppe Conte, tras reunirse co equipo científico da Organización Mundial da Saúde (OMS) desprazado até Italia para axudar na contención do coronavirus.

A propagación do virus leva parello un estado de histeria e psicose colectiva que, por exemplo en Italia, fixo que farmacias e supermercados quedasen sen existencias de produtos básicos como papel hixiénico. Tamén, na illa de Tenerife (As Canarias), as máscaras ─que só son útiles para as persoas contaxiadas, tal e como repiten os expertos─ esgotáronse.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

Comentarios