Imprimir

Coronavirus na Galiza: 612 vítimas mortais, 884 casos activos e 9.684 persoas curadas

Redacción | 23 de maio de 2020

Persoal sanitario
Persoal sanitario
11 persoas permanecen nas unidades de coidados intensivos e rexístranse dúas novas mortes

Segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade, ante a última actualización dos datos rexístranse 884 casos activos de coronavirus na Galiza. Deles 221 son da área da Coruña, 56 da de Lugo, 127 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 264 da área de Vigo, 151 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 11 permanecen na UCI (un menos ca onte), 66 están en unidades de hospitalización e 807 no seu domicilio. Polo de agora, na as persoas curadas na Galiza ascenden a 9.684 persoas curadas, e os falecementos a 612. Isto implica dous novos casos mortais, que se corresponden cun home de 79 anos que estaba ingresado no Chuac e unha muller de 88 que estaba ingresada no Chuo, ambos os dous con patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 133.153.

Residencias de anciás

O número de casos detectados en centros residenciais de servizos sociais da Galiza supoñen o 0,3% do total das persoas residentes, segundo sinala a Xunta. Na xornada de onte non se rexistraron falecementos nestas dependencias, co que se mantén a cifra en 271: 132 en residencias e 139 en hospitais e residencias integradas.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/coronavirus-galiza-610-vitimas-mortais-920-casos-activos-9607-persoas-curadas/20200523132002098245.html


© 2020 Nós Diario