Imprimir

Coronavirus na Galiza: 610 vítimas mortais, 920 casos activos e 9.607 persoas curadas

Redacción | 22 de maio de 2020

(Europa Press)
(Europa Press)

Nas unidades de coidados intensivos hai ingresadas 12 persoas.

Os dados ofrecidos pola Consellería de Sanidade sobre a situación do coronavirus na Galiza indican que a dñia de hoxe hai no noso país 920 casos activos, o que supón unha redución de 70 casos a respecto de onte.

A Dirección Xeral de Saúde Pública indica que dese 920, casos activos deles 225 son da área da Coruña, 60 da de Lugo, 141 da de Ourense, 40 da de Pontevedra, 265 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 permanecen en UCI (1 menos ca onte), 72 están en unidades de hospitalización e 836 no domicilio. Polo de agora, na Galizahai un total de 9.607 persoas curadas, rexistrándose 610 falecementos.

O último falecemento rexistrado por coronavirus até agoracorrespóndese cunha muller de 65 anos que estaba ingresada no CHUS e presentaba patoloxía previas.

O número de PCR realizadas é de 131.948.

Residencias de anciás

No que atinxe ás residencias de anciás, hai 190 casos activos (20 menos), dos que 100 son de persoas usuarias mentres que 90 son de traballadoras e traballadores.

No que atinxe a falecementos, mantense en 271: 132 en residencias e 139 en hospitais e residencias integradas.


 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/coronavirus-galiza-610-vitimas-mortais-920-casos-activos-9607-persoas-curadas/20200522122522098178.html


© 2020 Nós Diario