Imprimir

Coronavirus na Galiza: 1.888 persoas contaxiadas, 54 dadas de alta e 43 falecementos

Redacción | 26 de marzo de 2020

(Arxina)
(Arxina)

91 pacientes están na UCI.

O presidente da Xunta, Núñez Feixoo, informou esta quinta feira, ao inicio da súa intervención na Deputación Permanente que  na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galiza ascende a 1.882, cifra superior á que o Sergas dera apenas media hora antes (1.832: deles 438 son da área da Coruña, 128 da de Lugo, 231 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 462 da área de Vigo, 302 da de Santiago, e 49 da de Ferrol)

Do total de pacientes positivos, explicou Feixoo, 91 permanecen en UCI, 520 están en unidades de hospitalización e o resto no domicilio.

Polo de agora, en Galiza rexistráronse 54 altas de pacientes e 43 falecementos, 10 deles nesta quinta feira. 

Segundo informan as autoridades sanitarias, nas últimas horas faleceron tres homes de 84, 63 e 81 anos de idade ingresados en Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Chuo) e no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra. Así mesmo, no Chuac tamén morreu unha muller de 72 anos. Esta quinta feira faleceron catro homes máis: un de 74 años de idade que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, outros dous de 87 anos ingresados no Complexo Hospitalario de Ferrol (Chuf) e no Hospital Policlínico La Rosaleda, e outro de 57 que era atendido no Álvaro Cunqueiro de Vigo. No Policlínico La Rosaleda tamén morreu una muller de 89 anos. Todos presentaban patoloxías previas.

Os dados a nivel de Estado español ofrecidos tamén esta quinta feira son de 56.188 persoas contaxiadas e supéranse as catro mil persoas mortas: 4.089, o que supón 655 falecementos nas últimas 24 horas.

Nas UCIS hai ingresadas case 3.700 persoas e o dado positivo é o de altas: 7.015.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/coronavirus-galiza-1832-persoas-contaxiadas-47-dadas-alta-36-falecementos/20200326114557093879.html


© 2020 Nós Diario