Coronavirus: Alu Ibérica, antes Alcoa, pecha a súa planta na Coruña

Será durante dúas semanas.

alu iberica alcoa (Europa Press)
photo_camera (Europa Press)

Continúa o fechamento de empresas por mor do coronavirus. Unha das que anunciou a adopción de forma temporal desta medida é Alu Ibérica, antiga Alcoa, coa planta da Coruña.

Será durante dúas semanas porque "varios traballadores puideron estar en contacto fóra da planta cunha persoa que deu positivo por COVID-19". Así o explica o comité de empresa nun comunicado a que tivo acceso a Radio Galega.

Esa persoa sería o histórico sindicalista de CCOO de 75 anos e con patoloxías previas que foi o quinto falecido na Galiza polo COVID-19.

A previsión é que a factoría, que dá traballo a por volta de 320 operarios e operarias, inicie ese fechamento de dúas semanas esta sexta feira.


 

Comentarios