Convenio de colaboración entre PuntoGal e A Mesa

Ambas as dúas destacan as posibilidades que abre esta colaboración.
ordenador

Os presidentes da Asociación PuntoGal, Manuel González González, e da Mesa pola normalización lingüística , Marcos Maceira Eiras, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal A Mesa se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal para promover a utilización do dominio a través dos seus órganos de expresión. Ademais, e grazas a este acordo, as asociadas poderán obter un dominio .gal a prezos reducidos. A sinatura realizouse de xeito telemático.

PuntoGal, que supera os cinco mil cincocentos dominios rexistrados, “é un dominio lingüístico e cultural que pretende darlle visibilidade a Galiza e, de maneira moi especial, ao seu principal elemento de identidade, que é a lingua galega”, comentou o presidente de PuntoGal, Manuel González.

Gonzalez salientou que “a colaboración con organizacións como a Mesa pola normalización lingüística é case unha obriga e unha oportunidade para sumar esforzos no camiño da nosa normalización lingüística e cultural.”

Pola súa banda, Marcos Maceira quixo agradecer a colaboración de PuntoGal nunha iniciativa que “visibiliza o compromiso da sociedade galega coa nosa lingua, tamén na rede". Maceira salientou tamén a oportunidade que este convenio supón para que "as empresas que forman parte da iniciativa Abert@s ao galego” se incorporen á iniciativa

Comentarios