O número de persoas contaxiadas por COVID-19 nas residencias galegas abeiran as 100, segundo dados do Ministerio de Política Social a Europa Press: 76 persoas usuarias destes centros e 21 traballadores e traballadoras
O maior número de residentes infectados atópase na Domus Vi Barreiro de Vigo, con 30 casos positivos (12 máis que esta terza); despois contabilizáronse 13 na residencia San Carlos de Celanova; 13 na Domus Vi San Lázaro de Santiago (dúas máis); nove na Residencia El Portazgo da Coruña (unha máis); catro na Domus Vi de Cangas (tres máis) e un novo caso apareceu no centro de Castro Caldelas (Ourense).
Noutros, mantense o número de afectados desde o último día: tres no Fogar Bellolar da Coruña; dous en Nosa Señora de Fátima no Barco e un na Nosa Señora da Asunción en Caldas de Reis .
Por outra banda, tamén se contabilizaron os traballadores e traballadoras que prestan servizos nestas residencias e que sofren o virus. En total son 21 empregados e empregadas afectadas, 14 en San Carlos de Celanova, 5 na Domus Vi Barreiro de Vigo, 1 en La Esperanza San Rosendo e un en San Simón de Teo.
Para intentar frear os distintos brotes nos fogares de maiores - grupos vulnerábeis e de maior risco - a Xunta decidiu habilitar e adaptar dous centros de Ourense e Santiago para trasladar aos afectados para que poidan ser atendidos alí, en lugar de illalos. onde corrían o risco de expandir aínda máis a epidemia.