O contaxio de coronavirus na Garda Civil considérase lesión en acto de servizo

Os contaxios na Garda Civil de coronavirus considerarase como "lesión en acto de servizo". 

Dous axentes da Garda Civil nun control por mor da emerxencia sanitaria (Imaxe: Europa Press)
photo_camera Dous axentes da Garda Civil nun control por mor da emerxencia sanitaria (Imaxe: Europa Press)

O contaxio da COVID-19 nas e nos axentes da Garda Civil será considerado como unha "lesión en acto de servizo", é dicir, pasará a ter o mesmo valor que un accidente de traballo.

Unha instrución enviada ás comandancias pola Garda Civil confirmou esta nova consideración pola que calquera membro deste corpo que se atope na súa morada illado por ter dado positivo no test de coronavirus recibirá unha prestación social "de forma excepcional" coma se tivese un accidente ou unha lesión no posto laboral. Créase así un novo motivo de "baixa ou ausencia" baixo a denominación "corentena" dentro do módulo de servizos da Garda Civil. 

Comentarios