Non chegan para “atender as necesidades reais de gasto”

O Consello de Contas considera insuficientes os orzamentos para sanidade

Os orzamentos que cada ano presenta a Xunta para a sanidade non abondan para atender as “necesidades reais de gasto”. Así o considera o Consello de Contas e así o expuxo José Antonio Redondo, o seu conselleiro maio, na desinchada comisión de investigación sobre a materia no Parlamento galego.
 

Miguel Santalices e José Antonio Redondo (Consello de Contas)
photo_camera O presidente do Parlamento de Galiza Miguel Santalices e o conselleiro maior do Consello de Contas José Antonio Redondo. Foto: Consello de Contas.
Comentarios