O Consello Galego de Colexios Médicos e sociedades científicas urxiu onte o Servizo Galego de Saúde e a Consellaría de Sanidade a "poñerse as pilas" para mellorar a Atención Primaria. Reclaman limitar o número de pacientes por profesional, que en ocasións atenden até "55 ou 60" consultas diarias, para mellorar a calidade na asistencia. Tamén que os contratos ofrecidos sexan máis "atractivos", para combater a falta de facultativos na Atención Primaria, coa que o Sergas xustifica non cubrir as baixas ou vacacións das profesionais en activo.
A agrupación de profesionais reclama solucións para a súa "sobrecarga". O presidente do Consello, José Luís Jiménez, asegura que "están machacando os médicos de familia". Antes do Nadal, representantes do organismo mantiveron unha reunión coa Consellaría de Sanidade, na que abordaron un documento elaborado por expertas para mellorar o nivel asistencial da Atención Primaria. Posteriormente, o presidente do Consello remitiu un correo electrónico á Administración no que comparte a postura de colexios médicos e sociedades científicas sobre a súa situación.
A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.