Condenada a 9 de anos de inhabilitación a Xunta de Goberno do Concello de Compostela

A sentenza xudicial condenatoria deixa a equipa de goberno da capital de Galiza tocada con 7 d@s 13 edís inhabilitad@s.

pokemon
photo_camera Foto: EFE

A Sala do Penal número 1 dos Xulgados de Santiago de Compostela ditou sentenza esta segunda feira (2 de xuño) en relación co proceso xudicial aberto contra a Xunta de Goberno municipal. O xuíz Jesús Leal, condena a 9 anos de inhabilitación a 7 d@s concelleir@s que acordaron nunha xuntanza extraordinaria pagar con fondos públicos a defensa de Adrián Varela, ex-responsábel da área de deportes, imputado na Operación Pokemon.

A sentenza xudicial deixa tocada a equipa de goberno da capital de Galiza. Con sete d@s súas trece integrantes inhabilitad@s o executivo municipal precisaría re-emprazar @s concelleir@s. Porén, a decisión do xuíz é aínda recorríbel perante unha instancia superior e que lles permita suspender temporalmente a sentenza. No entanto, a xustiza podería non aceptala.

Entre as suplencias que pasarían a ocupar o cargo d@s edís inhabilitad@s atópanse Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e unha deputada do PP en Madrid.

O PP di que agardaba "outra cousa" da sentenza

O secretario xeral do PPdeG e vice-presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda asegurou en declaracións aos medios de comunicación que o seu partido agardaba "outra cousa" da sentenza xudicial coñecida esta segunda feira e na que se inhabilita durante 9 anos a 7 edís de Compostela. Para Rueda a decisión do xuíz Leal "non contenta" á formación que apoia o goberno mais, até o momento, non decidiron que pasos darán.

Neste senso, o secretario xeral do PPdeG afirma que agardarán a coñecer o contido íntegro da sentenza para "falar dela" e "das consecuencias e os pasos a dar a partir de agora".

Comentarios