Condena Citroën a indemnizar a CUT por vulnerar o dereito á greve

17-07-15 XornadaFolgaCitroen13
photo_camera 17-07-15 XornadaFolgaCitroen13

O Tribunal Supremo ratifica a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) sobre que PSA Peugeot-Citroën vulnerou o dereito á greve dos traballadores da planta de Vigo no ano 2014.

O Supremo declara firme a sentenza do TSXG pola que a empresa deberá indemnizar o sindicato CUT con 50.000 euros, así como reintegrar aos traballadores demandantes a cantidade descontada do seu soldo por aquela greve.

A greve foi un paro de dúas horas convocado pola visita de Carlos Tavares, director executivo do Grupo PSA, após se coñecer que este aumentou o seu salario "en 211%" mentres aplicaba "fortes recortes" aos traballadores.

A CUT afirma que 300 traballadores participaron naquela greve e 23 na demanda a pesar das "ameazas”.

Comentarios